24 dic 2008

Algo sobre.....REQUEIXO

Aproveitando as imaxes que o Luís da Rasela e o Rafael de Requeixo enviaron , vamos a falar un pouco deste pobo de Grou (todo o que puiden averiguar sobre él, espero ampliar a infomación).

Ten como patroa a Stª Ana (mes de Xullo) a cal se atopa nunha capilla moi ben axeitada na entrada do pobo; Din que foi das aldeas mais poboadas da nosa parroquia nos vellos tempos, foi tamén cuna da meirande parte dos músicos que compuñan a centenaria e desaparecida Banda de Música de Grou, e na parroquia un dos pobos nos que mais xente tibera que fuxir na época da guerra civil por mor dos seus ideais, neste lugar vivían tres ricas familias de Grou, os Texada, os do abogado e os de Don Marcial, familias da alta sociedade daquela época que na meirande parte d s casos vivía de rentas, actualmente soamente os Texada mantén os vínculos con Requeixo.


Imaxes da capela antes e despois de ser arranxada.



Nos vellos tempos a xente vivía do campo e os que podían da música tamén, o que tiña a fortuna ou a habilidade de ser músico, tiña asegurado un diñeiro extra que era a base en moitos casos da economía familiar, pois o campo xa se sabe...nunca fixo rico a ninguén que o traballase.

Contaronme unha histora que aconteceu entre duas persoas na época da guerra, na que algúns veciños fuxían cara Castro ou onde podían para non ser castigados por ser Comunistas ou por non querer ir a guerra, contáronme que un dos escapados acochouse nunha xesteira que había núns campos mais abaixo de Requeixo, o propietario dese terreo mandou a un dos fillos que cortase as xestas e limpara o terreo, o rapaz ,non era mais que un neno, comezou co seu traballo e de súpeto unha voz que lle era coñecida chamouno entre as xestas e díxolle: Manolo por dios non cortes as xestas que non teño onde me acochar, se me collen lévanme preso e mátanme.- O rapaz marchou para a casa correndo ,asustado contoullo o pai, o pai como era lóxico non voltou para rematar o traballo... un tempo despois colleron a muller desa persoa que estaba acochada ,
correron polo pobo que ou se entregaba ou a mataban a ela, entón o pobre home non tibo mais remedio que saír...e non sei como acabou a historia pero gustaríame sabelo.
Supoño que historas destas haberá a moreas, pero como todo convén coñecelas¡
Non podemos esquecer que polo menos , que se saiba, unha das persoas mais lonxevas de Grou no último siglo era de Requeixo, a Sra Concisa (DEP) que finou os 106 anos¡¡¡

Actualmente a diario en Requeixo viven ó redor de 21 persoas, número que o fin de semana medra, como e natural, coa xente que regresa pasar a fin de semana logo de estar en Ourense, Vigo, Madrid etc...nos últimos anos o pobo deu un cambio de imaxe importante,moitos veciños,tanto os que están fora como os que viven habitualmente en Requeixo, pouco apouco e con moito esforzo arranxan as suas vellas aunque moi valiosas casas,para nas épocas que se pode,retornar o pobo que os viu nacer e así mesmo darlle vida para que non se apague entre as silvas e a soidade, como tantas aldeas que están a quedar valeiras.



Agardo mais información sobre Requeixo para ampliala,e comezar así cun tour por todos os pobos de Grou.
Graciñas Luis e Rafa.

Bo Nadal a todos

4 dic 2008

Mais imaxes

´

Se non fose pola cor, que non xuraría que son cerdeiras coa flor en pleno inverno..



Mais no albúm público de Grou: E veu a neve...

1 dic 2008

Voltou a neve...

Despois de case 10 anos voltou a neve con forza a Grou, deixando fermosas estampas dignas das postais do nadal.
O principal inconvinte non é outro que os estragos que causa nas árbores centenarias do monte, nestas datas aínda están cargadas de folla sen caer, esta propicia que se acumulen grandes cantidades de neve sobre as polas, rachándoas literalmente o ceder
ó peso da neve, ocorreu en San Benito e en tantos outros lugares onde as primeiras neves en moito tempo se adiantaron sen aviso.





Mais fotos no albúm público de Grou

18 nov 2008

Merenda Popular do San Bieito (anos 70)



Durante moitos anos a merenda do San Bieito estibo prohibida pola igrexa, ó celebrarse na pascua non estaba permitido comer carne pero a xente acudía ó monte co lacón, a empanada...entón, sempre tan democráticos, optaron pola censura. Esta costume retomouse na época na que estaba Don Modesto de cura en Grou.

Esta foto correspondese coa primeira merenda celebrada no monte trala prohibición.

Excursión á Saínza (Anos 70)


A xuventude de Grou disfrutou enormemente deste día de excursión, especialmente as mulleres que non dispuñan da liberdade da que agora gozamos.


Pola esquerda de pé: Isidro de Baralló, Base (Ferreiros), Luís da Feira, Beni de Bilbao, Maxito, Charo, Benito Luís e Paulita, agachados Benito de Baralló e Marisá.

12 nov 2008

1ª Cooperativa Agraria da Baixa Limia.


Alá polos anos 70 fundouse en Grou a Cooperativa Agraria, por aquel entonces a primeira existente na Baixa Limia, recibían subencións da Extensión Agraria para a semente do millo, as herbicidas e para mercar maquinaria, incluso nos comenzos da actividade as sementes do touro frisón eran gratuítas; A cooperativa estaba formada por Claudiano, Portela e Benito García (Requeixo), Financias e Bispo (Ferreiros), Antonio e Benito (Silvares).


A foto da imaxe foi tomada no comedor do Mañoy, na comida que organizaran para clausurar o curso de Gandería e Agricultura impartido en Grou.

24 oct 2008

Canto nos poden contar...¡

Julia naceu o 21 de Xullo do 1913, é unha das persoas mas vellas da nosa localidade e a pesar da sua idade conserva unha memoria privilexiada , disfruta contando as moitisimas anécdotas vividas ó longo de tantos anos e que lembra con absoluta claridade, para ela é un orgullo contarnos as suas vivencias e para nós é un pracer escoitala e viaxar a aquela época por úns intres…
Conta que un dos seus bisavós durou 106 anos... ela non vai por mal camiño porque ademais de levar unha vida tranquila nun entorno sano e privilexiado como é a Vixa de Abaixo está claro que a xenética botaralle unha man¡
Perdeu a sua nai de xove e o seu pai, ademais de chanqueiro, traballaba as terras do rico da Terra Chá, un traballo que lles daba o suficiente para vivir sen apuros a pesares de todo…
Ata os 14 anos non tibo os seus primeiros zapatos, ata entón no inverno andaba coas chancas que lle facía o pai e no verán descalza, para ela era moito mais cómodo e sobre todo cando debía carrar os feixes da herba para o gando. Aqueles primeiros zapatos mercárallos un primo de Barcelona cando veu coñecer a familia da Galiza, o pai do rapaz foi un dos moitos emigrantes que fixo cartos no exterior, neste caso nas terras catalanas e según nos di conta Julia ‘vivía moi ben’.
Este rapaz mercáralle os zapatos úns días que foi a Ourense para visitar a cidade cunha das outras primas , ela a pesares da tristura que tiña por non ser ela a escollida para acompañalo, quedou ‘tola de contente’cando viu o agasallo que lle trouxeran. Lembra que o primo de Barcelona tamén lle mercara o seu pai un carromato para as mulas, coa firme intención de que éste deixase de traballar as terras do rico e se adicase a feirante, mercar e vender facenda, xabón e o que poidese, ensinoulle a facer o xabón a partires da resina dos piñeiros…pero o pai non quería saber de cambiar de vida e o final o sobriño marchou e él seguiu coa sua vida de sempre.
Entre as moitas anecdotas relata, con certo xenio, que un día de moita chuvia que ía para a casa estaba na carretera un dos Cristinos de Bande ,con capital en Grou, tapado cun paraugas e vixiando mentres os xornaleiros lle traballaban a terra mollados ata as orellas, de vez en cando berráballes que había que traballar de ‘macho e femia’ e dicir, botar a aixada duas veces no mesmo sitio.
O rico pagáballe as mulleres 2 reais por cavar as videiras para que mais tarde os homes poidesen podar e limpar a viña…
Ela era boa moza e tiña moitos pretendentes, tivo o seu único fillo con 23 anos mentres o noivo cumpría o servizo militar, por unha serie de razóns a volta da mili distanciáronse e quedou solteira, polo que se adicou a criar o neno coa axuda do seu pai e sen contar con naide mais, pero non lle importou, pois ela co pequeño non precisaba mais e como ela di ‘xa non quixo saber mais dos homes’.
Por aquela época as festas mais sonadas eran o San Mamede, San Benito, Stª Marta, San Ramón de Torno e San Féliz na Feira Vella, 'o 15' de Entrimo veu moito despois pero para Julia as festas remataron cando foi nai, algo típico naquela época pois a que era nai solteira afastábase das festas, dos homes e da vida social en xeral.
Con especial interés falounos sobre o liño e o proceso que seguían ata que o fiaban e a partires del tecían chaquetas, saias, refaixos, toquillas… sendo esta unha das labores reservadas para as mulleres ;
O liño sementábase e os tres días xa estaba nacido, había que regalo moito, cando estaba grande arrincábase, ‘ripábase’, ‘escarpizábase’ nun artiluxo cos dentes de madeira e deixábase 7 días en auga no río, cumprida a semana ‘batíase’ contra as pedras e extendíase ata secar, logo cunha maza de pau ‘mazábase’ contra as pedras, mollábase e volvíase a mazar, a continuación ‘espadábase’ cunha espadela de pau e voltábase a ‘tascar’ (mazar), finalmente cun rastrelo ‘asedábase’ , que era poñelo suave, quedando por un lado o liño fino e por outro a ‘estopa’, os restos, finalmente íase os teares e fiábase para tecer o que fixese falta, o liño mais ruín podíase aproveitár para facer roupa de cama de menos calidade.

Por ela seguiría contando mais e mais historias, pero deixamos algo para outro día…
Grazas Julia.

17 oct 2008

1ª Comunión dos nenos e nenas de Grou no ano 1967/1968



Foi o 25 de Xullo do ano 1968 , facían a sua 1ª comunión na Igrexa parroquial os nenos e nenas de Grou daquel ano, o cura era Don José e as catequistas que ían detrás dos nenos eran Marinita (Generosa) e Mari Carmen (Nita), mais dun recoñecerase nesta foto...

8 oct 2008

Trofeo de fútbol 'San Mamede 1977'





Estos dous equipos xogaron o prestixioso trofeo das festas do San Mamede no ano 1977 , como podedes ver son moitas as caras coñecidas, Lolo,Urbano, Tomás, Juan, Ernesto, Luís, José, José Manuel, Francisco... hoxe vémolos con 30 anos mais porriba das costas ¡¡¡ Algún dirá ó ver estás fotos: ¡Como pasa o tempo¡
Os novos de hoxe tendes que poñer empeño e non deixar decaer estas tradicións.








Xa choveu dende aquela...¡









Festas de San Mamede 1979. O burro do Cauño gañou a carreira, aunque ó final descalificárono os xuices por correr axudándose dunha pértiga.

O Aser xa estaba estudiando medicina. Nótase ben na forma de aplicarlle o REFLEX o burro.

16 sept 2008

Merenda popular.

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, a comisión de veciños organizadora das festas patronais de Grou, invirte o diñeiro sobrante froito da aportación de todos, nunha merenda para todo aquel que desexe asistir, e se dan os cartos como nesta ocasión, traese unha charanga para animar o evento, ¡¡agardamos que se convirta nunha tradición ano tras ano¡¡ ...pois será unha maneira mais de compartir cos veciños unha tarde agradable e inesquecíbel.
Grazas Rocío por estas fotos, se alguén ten fotos dese día que no las faga chegar e disfrutaremolas tod@s.

grousempre@gmail.com

Para ver o albúm completo pincha no calendario das festas.

Disculpade o retraso a hora de publicar estas fotos, son poucas e esperamos vos agraden.

20 ago 2008

Arquitectura e historia en Grou

A parroquia conserva importantes testemuños artísticos como expresión das devocións que reciben culto nela. Unha das mais significativas é a de San Benito, venerado na capela de San Benito, no monte de Grou. A importancia da devoción ó santo refléctese na monumentalidade da súa capela, con nabe cuberta por bóveda de canón e arcos faixóns, presbiterio elevado en altura con sancristía, e pórtico ós pés. A fachada amosa portada con orelleiras e fornela avieirada decorada con ovas no extradorso, decoración de grampas e placa. Contén a imaxe pétrea de San Benito, reproducida tamén en madeira no interior. No camiño de acceso á capela atópase tamén un peto de ánimas de toscas formas (atópase gardada para evitar roubos), con fornela excavada na fronte e cruz en relevo. Un fermoso cruceiro provisto de pousadoiro, co relevo de San Pedro no fuste, e as imaxes do crucificado e Dolorosa na cruz completan a arquitectura do San Benito.

Na Foz temos a capela adicada a Santa Catarina, con porta de medio punto de grandes doelas e espadana, a imaxe da santa figura nun altar barroco de estípites.

Na Pousa conságrase a capela da Santa Marta, construída en cachotería, con porta alintelada e espadana.

Na Rasela un peto de ánimas resolto en sinxela fornela avieirada con remate de cruz e pináculos en relevo.

A capela de Requeixo eríxese baixo a advocación de Santa Ana, estando a sua arquitectura moi modificada. Tallas de Santa Ana , San Benito e Inmaculada no seu interior.

A Igrexa parroquial construiuse no 1729, sendo un bo exemplar do barroco rural, con planta de cruz latina, a fachada é o mais destacado, concentrando a ornamentación no eixe central. Portada con marcos de orelleiras, sobre a clave motivo de sogueado, e enriba fornela avieirada, decorada con ovas, contendo a talla pétrea do titular. A espadana de esbelta traza, consta de dous corpos decrecentes.

A abundancia de retábulos proporciona a riqueza da imaxinería do templo. O maior, de dous corpos e tres rúas con columnas corintias, presenta a inscripción: 'ESTA OBRA SE DORÓ SIENDO ABAD DON MANUEL ANTONIO BOYLES AÑO DE 1772'.

Ocupan os seus ócos o sagrario a modo de tabernáculo, Sta Eufemia e Sta Tereixa; no corpo superior, San Mamede entre San Roque e o Anxo da Garda; no ático, o Padre Eterno.

No muro do evanxeo retábulo dun corpo con cornixa de perfil mixtilíneo, enmarcado por columnas salomónicas, e estípites nos extremos. A parece presidido por Cristo na cruz, sobre fondo de pintura de Xerusalén. No muro da Epístola, retábulo rococó dunha altura, organizado por columnas, decoradas con teas colgantes no primeiro tercio do fuste, e o resto con rocallas. Preside a virxe do Carme, entre as esculturas de San Xosé e Santiago peregrino, con San Sebastián no alto. No mesmo muro destaca o altar da Virxe do Rosario, dun corpo e tres ruas con fornelas, coa central resaltada, artellan a sua arquitectura columnas salomónicas. O oco central aparece ocupado coa imaxe da Virxe co Neno, flanqueada por fermosas tallas de Santos dominicos: Santo Tomás e San Xacinto, portando os seus atributos mais habituais, no ático San Francisco.

A riqueza da igrexa exprésase tamén na ourivería conservada, contando cunha boa cruz parroquial, feita en 1618 polo prateiro ourensán Gaspar Rodríguez, Adornan os extremos da cruz os Evanxelistas e as Virtudes Teologais. A miúda decoración dos brazos contrasta co nó da cruz, formado por dous corpos decrecentes dos que penden campaíñas, e fornelas coas figuras dos apóstolos

En canto nos sexa posible amosaremos imaxes destas obras.

San Mamede 2008

Un ano mais as festas en honor ó patrón de Grou, San Mamede pasarón deixando un agradable recordo en todos aqueles que as vivimos, festas que son sonadas na baixa e a que acuden cada ano a xente dende os pobos que nos rodean para disfrutar con nós destas inolvidables datas.
Unha vez mais grazas o esforzo de todolos veciños que contribuen economicamente a organización das festas, podemos dicir que as festas de Grou van resistindo ó declive que ano tras ano se nota en todalas festas populares da baixa en xeral.
O tempo aunque fresco permitiunos disfrutar ata altas horas da madrugada da festa, e como non, os mais novos agardan ata que saia o sol para retornar as suas casas.
O día 8 todos os veciños disfrutan dos xogos que ano tras ano fan as delicias de pequenos e maiores, a carreira de burros, a Ginkana, as carreiras dos nenos, os xogos da pataca, dos pés atados...As festas que todolos veciños agardan con entusiasmo ano tras ano...outra maneira de disfrutar do noso pobo e estar con aqueles que ó longo do ano non nos é posible.

Grazas a todos aqueles que as fixestes posibles.

21 jul 2008

Imaxes da Banda de Grou










Ano 1927.












Banda alá polos anos 30 .














Mais recente, anos 70-80.



20 jul 2008

Banda de Grou (1870-1977).

A Banda de Música
No ano 1870 púxose en marcha a Banda de Música de Grou, impulsada polo sacerdote Eduardo Biempica, cura de Grou e mais tarde de San Xés. Despois del permaneceu durante 45 anos ó frente da mesma Manuel, o 'Gaspar'. Outros directores tamén foron Renato Rodríguez Álvarez, 'o Calciñas' de Ribadavia, Amaro, 'o Portugués' (serrador) e o último foi Benito Martínez Durán.
As persoas mais lonxevas do lugar lembran como a música era unha fonte de ingresos vital , na que o diñeiro inmediato era unha gran axuda para a economía das familias ,nunha época onde saír adiante tornabase realmente dificil...moi dificil.
Naquela época as Bandas de música eran as que levaban a diversión a todolos recunchos, eran o espirito da festa alí onde os reclamaban, case sempre para honrar ó patrón do lugar, desplazábanse en autobús e según contan algúns familiares, os músicos levantaban pasións alá onde ían, e lonxe da casa ningún era casado....
A Banda ensaiaba nunha casiña vella que había en Silvares, onda o forno, mais adiante pasaron a outra no Outeiral para rematar os ensaios na escola local.
No ano 1970 a Banda de Música de Grou celebra o seu centenario, desgraciadamente xa ían quedando moi poucos e sen esperanza de reposición, entre os que foron finando e os que tiberon que emigrar tan só quedaban oito, destos marcharon varios a Garda Civil, e a Banda sentiuse tan débil que no 1977 a única media dúcia de músicos superviventes, xuntáronse cos de Lobios e o Baño, engrosando a Banda de Lobios, existente dende o ano 1902.
Entre os moitos homes que militaron na Banda, cabe destacar os seguintes, todos eles pertencentes a última plantilla:
Flauta: Renato
Requinto: Arturo o Maricas/ Antonio Estévez/ Xulio de Eloy
Clarinete: Camilo/ o Veras/ Agustín o Capador/ José Fernández 'Gaspar'/Renato/ Pepe de Amparo/ o Rasela/ Chicho/ Pena/ Segundo/ Luís Baralló/ o Carrillo.
Fliscorno: Manuel Gaspar (foi director)/ Estévez/ Valoiro/ Claudino Álvarez.
Trompeta: Benito do Vello/o Rambolla/ Xan dos Chaos/ Xulio do taller/ Codesal.
Saxo alto: Alfredo Estévez/ Emilio Palletas/ Bernardino/ Isidro Arte/ Paquiño de Torneiros.
Saxo tenor: Benito López/ Benito da Rasela.
Trombón: Xulio de Benigna.
Bombardino: Claudio/ Peñeiro/ Xan Benito.
Baixos: Habanero/Benito Domínguez/ Elixio Álvarez/ Xosé do Vello/Manolo da Pepa.
Bombo: O Rúa/ Cándido da Silva.
Platillos: Elías López/ Claudiano Vázquez.
Caja: Hermesindo/ Carlos Aparicio/ Pepe da Rasela.

''O maricas era tan célebre, que xa ten ido ás festas con só a metá do instrumento, deixando a outra metá na casa...Non sei se era porque empinaba o codo ..e claro''.

Chegaron a ser 34 músicos, e nun ano en que foron a Pantón-Lugo, estaban no concerto e un home descoñecido adicábase a ir preguntando polo público:
¿E de onde é esa banda?¡Carallo qué ben toca¡ (Este era o Represas, que sin ser músico, fora de axudante do chófer) e o final da entrevista realizada para a elaboración deste libro, aportou:

¡¡''Grou,Grou quen te viu e te deixou ó revés andou''¡¡


Información sobre a Banda collida do libro :Bandas de Música de Galicia (Enrique Iglesias Alvarellos), cedido pola filla dun gran músico desta Banda, Alfredo Estévez, Sr Alfredo, músico e Sastre
¡Cantas historias tiña este home para contar¡

Fotos da pulpada do San Bieito.













DIVERSIÓN




Os feirantes: O día 12 de Xulio, coincidindo co San Bieito, unhos cantos rapaces e rapazas de Grou organizaron unha pulpada ( mini pulpada ) xa que algúns non se enteraron e outros estaban ca familia e non asisitiron, os mais involucrados no tema deixan o que sexa, pero non fallan...
Comezaron fai un par de anos por mor do mal tempo que acompañaba ese día, o habitual sempre foi ir de merenda ó monte coa familia, pasar o día en San Benito , facer churrasco, levar as empanadas, as tortillas, estender as mantas no chan cando non había mesas libres...a sombra para votar unha boa siesta...pero nos último anos o mal tempo impedíuno e decidiron pasar o día xuntos doutra maneira, facendo unha pulpada no Adro, ó cobixo da escola, mercar unhas empanadas , bebida e ¡¡ a pasalo ben¡¡
Non pensedes que fan calquera trapallada, non, o polbo (pulpo) cócese nunha pota das de verdade, unha pota que durante moitos anos se empregou todolos 19 de cada mes nunha feira, a de Cabaleiros, feira grande nos seus tempos e que deixou de celebrarse fará por esta época úns 14 anos mais ou menos, asi que ¡ten historia¡, estos non escatiman en detalles e qué mellor sabor que o do pulpo arreglado nun plato de madeira ¡dos do pulpo¡ ¡Estos de parvos non che ten un pelo eh¡ Play Statión, Coca cola internet...si , última tecnoloxía...¡¡pero o polbo como ten que ser..¡¡

O ano que ven mais fotos, pero haber se o podemos facer no monte ¡¡e con moita mais asistencia¡



16 jul 2008

Día de GALIZA, 25 de Xullo.

25 de Xullo, día da patria Galega.


No ano 1920 as Irmandades da Fala organizan o día de Galiza, como acto de afirmación da nosa identidade colectiva. Dende esa primeira convocatoria as manifestacións organizadas estiberon sempre marcadas pola situación política que se vivía no momento.
Xa pasaron as épocas de represión que pretendían manter en silencio as voces que reivindicaban os valores da patria Galega , esa riqueza que nos diferencia e nos da unha identidade propia como país, cultural e socialmente ;
Mentres iso acontecía nesta terra , no exterior moitos dos exiliados non deixaron nunca de loitar por Galiza, a Galiza que nós herdamos e da que temos a chave para que nun futuro ocupe o lugar que lle corresponde no conxunto do Estado español.

Hoxe naide nos pode calar , non debemos avergonzarnos NUNCA do que somos, somos Galegos , temos que sentirnos orgullosos da nosa identidade, como dixo Castelao :‘somos Galegos por obra e gracia da nosa lingua’- do GALEGO -, fala Galego, ensina o Galego e xamais cambies a tua lingua por outra imposta, non desvaloricemos o que é noso nin permitamos que o fagan, cecais nun futuro, algún día, os nosos fillos non lembren no día da patria unha lingua e cultura casi extintas, senón que vivan e disfruten dunha realidade como nazón.


Galiza sempre.

8 jul 2008

San Bieito, Santo para uns, confidente para outros.

San Bieito...Para uns é o último recurso ó que acudir, un punto de apoio, esperanzados en que producirá o miragre que poña fin ós seus males...para outros un confidente, alguén ou algo ó que falas sen agardar resposta, simplemente vas aló, falas e vaste.
¿Porqué estou aquí?
É o mesmo que moitos nos preguntamos cando nos atopamos fronte ó reixado que nos separa desa imaxe a que en momentos difíciles lle falamos...¿porque estou aquí se non creo en Deus? non vou á misa, non comulgo, quedo fóra da igrexa nas cerebracións...pero nalgúns momentos acudimos alá arriba, onda o Santo, San Bieito...a desafogarnos, falarlle, ollar para él, ollar para a serra, levarlle o coche novo ...é o refuxo no que nos acochamos cada vez que nos sentimos mal, desubicados, atrapados nunha situación que non nos gusta, que nos agobia...e así, e é habitual nalgunha xente de Grou , non é que sexamos diferentes, que creamos e non o recoñezamos, é un lugar no que podes pasar horas e horas ollando para o Xurés e esquecerte de todo, como se non estiberas na vida real.
Nalgúns momentos lembrando tamén os anos da infancia nos que ano tras ano percorríamos o traxecto ata a capela, na procesión, xogando coas pedras, xogando cos compañeiros e amigos da infancia, algúns deles están e outros xa non (inesquecíbeis), pequenas pelexas, o partido do Depor contra o Celta entre os carballos , o tenderete que se montaba...as merendas no campo da Estrella ou arriba onda a capela...os longos paseos polo monte ata ver os cabalos salvaxes, ou mesmo as vacas, tanto tiña o caso era ver algo...pequenas anécdotas en resumo.
É o San Bieito, para debotos e non debotos.

Hino Galego

O Hino galego e o sistema cultural de Galicia. O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.

Fonte himnogallego.com

4 jul 2008

¿Cal é a orixe de Grou?

O nome da nosa vila é probable que proveña da Grúa, familia das Grúas (Grullas), estas son aves migratorias moi ameazadas actualmente e coñecidas pola súa elegante danza núpcial , danza que lle valeu para que ó longo dos siglos fosen paxaros sagrados en moitas culturas, empregados para predecir o tempo, adiviñar acontecementos etc...É posible que nalgún momento da historia Grou fose lugar de descanso na ruta migratora destas aves, un territorio cun clima cálido onde anidar e alimentarse...o clima cambiou varias veces nos últimos 2000 anos e na época Romana disfrútabase dunha temperatura templada nestas altitudes.
Mesmo se poido dar a circunstancia de que fosen traídas polos Romanos ata aquí, sábese que os Romanos levaban ós territorios conquistados todo aquelo doutras zonas que consideraban útil ou chamativo...non está moi claro pero é unha posibilidade¡
Tamén se coñece a existencia dunha constelación de estrelas denominada 'Grou' (Grúa en portugués), ó mellor nalgún tempo unha persoa observaba esas estrelas e bautizou o lugar no que se atopaba con ese nome....pode ser.



Grúa Real (Avifauna, Bravos.Lugo)


2 jul 2008

Creación do BLOG

Hola a todos aqueles que me leades;
A creación deste espazo surxe da idea de que aqueles paisanos que por circunstancias da vida nos atopamos lonxe da nosa terra, Grou, Galiza...poidamos manter contacto directo co que aquí acontece, ben sexa con noticias, imaxes, comentarios ...en resumo, información do noso pobo para así manter vivo o espírito de Grou en todos aqueles recunchos onde hoxe chega a tecnoloxía.


Un Saúdo, espero que sexa do voso agrado.



Sempre Grou