17 dic 2009

A Cova dos fuxidos



Na guerra civil algúns dos nosos veciños víronse obrigados a fuxir da sua terra, a maioría tiñan que marchar para o monte e acocharse onde podían ou pasar a Portugal, unhas veces porque non querían ir o frente, e as mais, porque vían ameazada a sua vida polas denuncias de veciños con rencillas anteriores, que nada tiñan que ver coa guerra civil.
Fai un par de meses uns compañeiros decidiron buscar a COVA DOS FUXIDOS, atópase no monte de San Ginés, na FANDIA , está nunha zona de difícil acceso e polo que dixeron os que a viron, dispón dunha ampla visión da zona.
A cova atoparona, pero tamén levaron un bo susto, pois a Marta rompeu unha perna e saeu nada menos que en ¡Helicoptero¡, vamos…UNHA ROTURA DE NIVEL.


A baixada a cova

Marcial dentro da cova


Vaia humor, aínda sorrí coa perna rota¡¡

Ale, ¡de excursión no helicoptero¡
Xa está para outra..

Mais fotos no albúm

20 oct 2009

Os pequenos divírtense


De esquerda a dereita abaixo: Martín, Hugo, Lucía, Valeria, Helena, Raúl e Sariña, arriba: Lucía Sandra, Óscar e Josiño

E se non te paras a contalos mesmo parecería que en Grou non quedan nenos, ben é certo que hai poucos pero se se xuntan aínda montan unha boa festa, non estaban todos, faltaban moitos pero os que estaban pasarono pipa, dentro dunhos aniños algún-a sorprenderase cando se vexa nestas fotos.



Mais no albúm público.

29 sept 2009

Xunta das Bestas

En moitos lugares da nosa Galiza todos os anos se leva a cabo a Rapa das Bestas, na que cabe destacar a coñecida 'Rapa das Bestas de Sabucedo', esta tradición lévase a cabo no curro do lugar e consiste en marcar e rapar as crines dos cabalos, previamente baixados do monte e onde permanecen durante todo a ano.


No monte de Queguas REALÍZASE unha práctica similar, mais coñecida como a 'Xunta das Bestas', aquí o que fan e baixar os animais do monte, separar os potros das eguas , marcar estas últimas e soltalas, os potros vendenos para carne e soamente hai uns cantos machos por manada.


Chama a atención o complicado que resulta conseguer que os grupos de cabalos entren no curro, cada vez é menos xente a colaborar e ademais os animais tontos non serán e o ferro quente non se esquecerá en dous días...


Se alguén ten mais información a cerca deste tema pódenola envíar.






Grazas Marta.

25 ago 2009



ANDAINA GROU-ANAMÁN






Primeira Andaina organizada dende Grou e agardamos que non sexa a última.




Participantes da Andaina



Foi unha xornada para non esquecer, a organización foi estupenda e o trato mellor, un placer para os sentidos.


Aunque quixera sería imposible transmitir o que vivimos durante a Andaina, ¡hai que vivilo para sentilo¡


A Marta ,que foi a gran organizadora, e todos aqueles que colaboraron para facer da Andaina unha experiencia que non esqueceremos,Lolo, Luís, os guías, a Protección Civil, a xente que preparou a comida...

A TODOS MIL GRAZAS.










Disfrutade das fotos, a medida que cheguen imaxes tomadas polos demais participantes iremos engadíndoas no albúm.

17 ago 2009

22 AGOSTO ANDAINA POPULAR GROU-PENA DE ANAMÁN





Percorrido: 16 Km.
Dificultade: Media (5 horas)
Saída: 8:30 h. da Praza Elixio Rodríguez (Fronte a Iglesia de Grou)
Itinerario: Grou-San Benito-Queguas-As Cortes de Carballeira-Casa da Moura-Pena de Anamán-Capela de Anamán.
Os autobuses recollerannos en Anamán para traernos de volta ó punto de saída onde se reporán forzas cunha merenda popular.
Precio: 10 Euros
Data de incripción: Ata o 18 de agosto de 2009
Lugar de Inscripción: Barivan – Bar Stop – Bar Recreativa
Procederase á inscripción automática das personas que ingresen os dez euros na conta da asociación:
Banco Pastor: 0072-0346-86-0000100583
Non esquecer identificar a persona que se inscribe ó facer o ingreso.












ORGANIZA:
Asoc. cultural “NOSO AGARIMO” de Grou.

COLABORAN:
Concello de Lobios
Asoc. de Mulleres Rurais de Grou
Asoc de Montaña Arnau
Inorde


11 ago 2009

DÍA 6: II FESTA DA BICA CHOURICEIRA


¡E CHEGOU A FESTA¡

O día 6 festexamos a II edición da Festa da Bica Chouriceira e FOI UN ÉXITO;
Temos que dicir que o esforzo valeu a pena e que cada ano somos mais, mentres que no ano pasado asistiron unhas 230 persoas este ano ó número chegou ós 300 (sen contabilizar os nenos), os diñeiro recaudado é para lle botar unha man a Comisión de festas e cubrir gastos da Asociación durante o ano, como por ex. o internet gratis no local social, ningún dos colaboradores cobramos un euro pola axuda e sacrificio de organizar un evento así e prescindir da diversión en favor do disfrute xeral.


O menú estibo composto de bica Chouriceira, pan de xamón e arroz doce (Marta, Emilia Reguengo e Luísa Silvares), o rematar a cea comezou a diversión: Pepe Suevos, o feitizo da queimada (Susana e Alberto) e os xogos GROUIANS (chistes , apostas etc) nos que cabe destacar a actuación do David (Primas) , rachamos da risa.







O rematar os xogos houbo berbena a cargo de Costa Galicia , ata as 4 da mañá, despois para o Bariván ata a mañá.
Fotos no albúm público.







Non vos desanimedes, sigamos así.

4 ago 2009

PIPOTADA '09

¡¡NON VOS ESQUEZADES¡¡


PONDE OS PIPOTES DE MOLLO



SÁBADO DÍA 8 DE AGOSTO EN GROU 00:00, ¡VAI A SER A CAÑA¡

16-25 OLAS

29 jul 2009

Santa Ana '09, Requeixo







Para os que non poidestes estar na Sta Ana, J.L Arte envíounos as imaxes que tomou ese día.
Mais no albúm público de Grou, Verán '09.


Grazas José Luís.



20 jul 2009

Como viven algúns...¡

En Grou se non é dunha maneira é doutra pero diversión non falta, senón preguntádello os asiduos da piscina do Bariván...¡hai que ver como o pasaron o domingo pola tarde¡







Mais no albúm público Verán '09

24 jun 2009

Concurso de Fotografía

Este ano proponse ós veciños e veciñas que participen no concurso de Fotografía que se organizará coincidindo co San Mamede.


Bases
1. Tema da exposición, Grou ( paisaxístico, monumental)
2. As fotografías serán expostas na planta baixa da escola, o finalizar o concurso acondicionarase un lugar na casa da piscina onde co tempo se prevé unha ludoteca-biblioteca.
3. Cada participante poderá aportar duas fotografías. Ó ser a primeira edición de momento non se dispón de fondos para poder costear os gastos de impresión e enmarcado, polo que os propios participantes temos que correr cos gastos que serán de 12.50 euros por foto (En caso de conseguir fondos devolveríanse os cartos).
4. Os días da festa as fotografías expostas someteranse a votación. A gañadora recibirá unha escultura feita por un recoñecido escultor da zona.

Agardamos a vosa participación, este tipo de iniciativas fomentan a unión veciñal e iso é o mellor que lle pode ocorrer os nosos pobos que cada vez teñen menos xente.

As fotos podedelas enviar a
grousempre@gmail.com, sempregrou@gmail.com, sempregrou@live.com, ou a fin de semana darllas a Marta nun CD, pincho etc., a Su, a Raquel...


Graciñas.

4 jun 2009

¿Algún se recoñece?


Mais imaxes:
Algúns e sinxelo recoñecelos pero outros...estos debían ir de excursión, o Maxito non se lembra de cando foi tomada esta foto e porqué.



Carreira de burros, a bordo Baralló, ¡hai que ver que pose¡



As fotos atópanse no albúm Grou, anos 70, por se alguén as quere baixar.







22 may 2009

Unha pequena homenaxe para ti.

Teño que recoñecer que no tempo que levo escribindo no Blog , nunca antes me custara tanto facelo como agora, esta idea lévoa xestando dende o momento que se creou isto, despois de darlle moitas voltas e falalo con mais xente animámonos a rendirlle unha homenaxe a este gran rapaz que por desgraza un día deixou de formar parte das nosas vidas, marcando un antes e un despois na vida dos seus e do noso Grou, moita da xente nova viamos nel un referente,un nexo de unión entre os xóvenes, contaxiábanos a sua risa, as gañas de festa,era boa persoa, bo rapaz, bo amigo , bo fillo...todos o sabedes.



É curioso que do meu primeiro día de escola o único recordo que gardo e que me sentaron ó lado dun neno que tiña unhas zapatillas moi chulas, pero non paraba de chorar porque a sua nai lle puxera un velcro para que non se lle soltaran os cordóns, él non o quería, eu debinlle decir algo como que eran moi bonitas (xa me gustarían para min),pero nada, tiña un berrinche o neno... ese era o Jaimiño, co que pasei á miña infancia e parte da adolescencia, ata que na vida tomamos camiños diferentes ,igual que a meirande parte dos que ledes isto.
Nunca esquecerei os recreos no adro correndo polos diestros detrás do Estebán para atizarlle ( por separado non facíamos nada que nos sacaba duas cabezas), as tardes de fútbol na feira o volver de Lobeira , as partidas de futbolín no Mañoy, os atracóns de gominolas no mostrador da Marisá (comias 5 e contabas 1, estaba ben) algunha merenda de Domingo no río ou no garaxe da Marisá, mais tarde cando nos veu a idade do pavo vivimos con recelo os seus enamoramentos, logo veu o Rompedor, o inesquecible Rompedor...as festas, os baños na piscina as tantas, ¡tantas cousas...¡e él foi o que creou o lema Sempre Grou, do mesmo xeito ca min, moitos teredes recordos con él que en ocasións volven o noso pensamento e nos xogan unha mala pasada.


Esta é unha pequena homenaxe neste mes no que é o teu cumpreanos, pasen os anos que pasen moitos non te esqueceremos.
Grazas a Mari Luz e Maxito por todo o material que cederon con gusto para polo a disposición de quen o queira disfrutar.





Mais fotos no albúm público.

14 abr 2009

Procesión do San Benito

Un ano mais a Procesión do San Benito reuniu a un bo número de persoas, a pesares de que o tempo non acompañou os fieis a esta tradición non faltaron na subida do Santiño o monte .






Este ano a Cruz de prata lucíu coma nunca, recén restaurada non parecía a mesma...





Ollai para os fogueteiros como lles baixa o pulpo pulpo...







Mais fotos no albúm público de Grou, tamén se atopan as da churrascada e a noite do Sábado no Bariván.

30 mar 2009

A obra dun delincuente...

Estas imaxes representan unha pequeniña parte do que lle fixeron ó noso monte.





Entre as duas imaxes existen uns cen metros escasos...é a diferenza entre onde pode haber moita vida e onde só caibe a morte.



Qué pena ver o que era e o que é agora, pola acción dun tolo...





Esta imaxe reflexa o contraste entre a vexetación a un lado do camiño e o monte ardido na outra beira...
Mais imaxes no albúm público de Grou, 'despois do lume', esperemos que non haxa mais...

23 mar 2009

Qué mal lle fixo o monte?


















Imaxe tomada na segunda curva subindo para Torneiros.

Iso mesmo é o que onte tantos nos preguntabamos cando impotentes presenciamos como as lapas arrasaron unha parte moi importante do noso monte. ¿Interés económico axeno o pobo, falta de moralidade, enfermidade ou MALDADE?


Cando loitas contra o lume daste conta da forza que ten a natureza e o pouquiña cousa que somos, valentes cobardes aqueles que prenden lume e valentes incapaces os que loitamos contra ese lume. Queimou o que quixo, mais dunha bágoa se deixaba caer, o ver como parte da tua historia se queima, canta xente pasa as fins de semana limpando na mera? Con todo esmero prantas árbores e limpas para que logo cando medran chos leve o lume, esas árbores para moitos son mais ca diñeiro...ir por esos camiños de mesela, de castrelo, de San Benito.. e oubir os paxariños, o cheiro dos piñeiros, o son da auga ¿ e agora qué?, carbuzo e morte.
Onte ós poucos, cando me afastaba coller aire, porque nin un pano levavamos para o fume, tomei estas imaxes co movil, foi na primeira hora cando aínda estabamos en mesela, pero o frente de lume chegou ata o río da montaña en pouco mais de duas horas, dende San Benito víanse as lapas ata Silvares e algún tibo que abrirlle o cierre do monte as vacas para que non arderan.
Hoxe pola tarde aínda non acabaran...
Se algún desalmado anda por aquí que colla conciencia ou que se queime él mesmo, do mesmo xeito que onte queimou tantos seres vivos.





En mesela tentando que non pasara o camiño..






Contra isto nada se pode facer...

19 mar 2009

Sra Concisa, 106 anos de historia.


A Sra. Concisa de Requeixo ata o que se coñece, foi a nosa veciña mais lonxeva , 106 anos de historia que na medida do posible coa axuda da sua filla ‘Maruja’ queremos deixar plasmado neste espazo.
Naceu o 10 de Maio de 1899, o seu pai era de Cabaleiros e a sua nai do Casaldosouto, está última era sobriña da Marquesa da Rioja, viña de casa rica e xa naquela época sabía ler e escribir con toda soltura. Concisa tivo duas irmáns, Elisa e Otilia as que separaba unha diferencia de idade de 9 e 12 anos respectivamente, aprenderon a ler e a escribir cunha tía maestra, a avoa do ‘Pepe de Amparo’ e aínda nos seus últimos anos de vida lembraba perfectamente a táboa de multiplicar.
No 1917 o pai viaxou para Cuba na busca dunha vida mellor, Concisa quedou o fronte da casa pois era a filla mais vella e a sua nai nunca traballara, ‘ non fora afeita’ xa que viña de casa rica, por desgraza nunca poideron contar coa axuda do exterior pois pouco tempo despois de atoparse en Cuba, o pai de Concisa enfermou de Paludismo e faleceu, os veciños roubáronlle todo e nunca mais souperon nada daquelas terras.
Concisa era a que tiraba da casa, boa irmá, boa filla, e sobretodo boa nai, os 24 anos tivo a sua única filla ‘Maruja’ nacida da relación que mantivo durante un tempo co ‘Manuel do Croscoño’, pero este marchou para Arxentina e non quixo saber nada mais nin da nai nin da filla, de feito cando voltou daquelas terras tampouco mantiberon ningún tipo de relación, nen sequera cordial. Tibo moitos pretendentes, pois era boa moza, pero nunca quixo saber de ningún, unha vez nun mortorio un militar de alto rango fixarase nela e o home extrañábase que ela non lle fixera caso, preguntou por ela e contáronlle que tiña unha filla, por iso non miraba para él, este lexos de verlle defecto exclamou en voz alta:- ¡Iso non é falta¡-, mandou recado para concertar cita con ela pero a Concisa non lle interesaba, tiña moito en qué pensar...¡
Ela co seu esforzo constancia e forza de vontade sacou adiante a su filla e a sua familia, foi parteira (a preferida do médico), unha gran cociñeira, nas bodas, bautizos e mortorios era moi solicitada, sobre todo na casa do tio cura da Illa, e unha gran costureira, como nos relata Maruja para as amistades cosía e a cambio axudábanlle nas tareas propias do campo daqueles anos.
Sembraba o liño e fiabao, tecíao, facía todo o referente a artesanía, o traballo do campo da casa, facía de home e de muller, cando ía o monte baixaba co carro tan cargado coma o dos homes, a sua filla sempre a trouxo coma unha señorita o mesmo que as irmáns e a nai , Concisa contáballe a filla que o Abogado de Requeixo dicía: ¡-As fillas de Emilia parecen señoritas¡ - e ela mesma dicía que antes de que a filla rozara unha presa de estrume ela rozaríao cos dentes.
Pasou toda a sua vida coa filla e mais tarde co matrimonio, ó xenro ‘López’ queríao coma un fillo, non deixou nunca de facer as suaa labores na casa, a limpeza, a comida…na medida que lle permitían os anos, tiña unha lucidez envidiable, non era de moito comer e case nunca enfermou.
Cumplidos os 106 anos fracturou a cadeira, como lle dixeron os médicos, cos anos non se pode loitar e o 3 de Decembro de 2005 finou, deixou tras de si 106 anos que darían para escreber un libro, lástima que non esté para contalo ela mesma.
Grazas Maruja.

Fotos, recortes periodísticos e algún escrito, así como un texto escrito por ela no álbum público.

26 feb 2009

O Entroido

Como todos vos sabedes, en Grou sempre houbo unha grande tradición no entroido, as coplas recitábanse no adro, unhas veces unha soa persoa e outras había o pique entre os de arriba e os de abaixo, nunhas ocasións tocaba rirse dos demais e noutras dun mesmo.
Nos últimos anos como ocorre na meirande parte da nosa xeografía rural ,estas tradicións vanse perdendo, pola falta de xente, a falta de motivación ou deixadez, este ano propuxémonos que o ano que ven organizaremos un Entroido en condicións para todo o pobo, a ver se cumprimos¡
O sábado no Camiño novo recitaron as coplas os da Vixa de abaixo, o Domingo houbo quen se animou e improvisou unha carroza para levar os mais cativos pola parroquia adiante, os mozos montaron unha boda xitana en toda regra, non faltou a posta en escena, a carroza e a familia comezando polo patriarca e rematando polo primo de Madri, mais as galiñas e a cabra que non faltaron nunha festa improvisada chea de barullo luces horteras e moito 'Chunguito'.

Richal e Patricia del Rosario, que sexades moi felices¡¡¡
O ano que ven mais e mellor...





Mais imaxes no albúm público.

20 feb 2009

Campionato de Tute

Calquera excusa é boa para xuntarse e disfrutar cos veciños como neste caso fixeron os participantes do torneo de Tute no Bar Recreativa, participaron preto de cuarenta persoas (todo homes), os gañadores foron o Julio (¿?) do Casal do Mato e o fillo e de segundos quedaron o Luís da Pousa e o Serafín.
Igual que nos dous anteriores torneos organizados polos outros bares da parroquia, o final do mesmo disfrutaron dunha suculenta cea¡¡
Oxalá siga habendo acontecementos deste tipo que permiten a xente estar se cabe mais preto dos veciños e compartir momentos agradables .
Por certo, ¿onde andaban as cociñeiras?






Mais fotos no albúm público...