Grou , Grou quen te viu e te deixou que mal andou...en poucas palabras queda definida a esencia dun pobo(www.sempregrou.com), este dito foi transmitido de xeración en xeración, é o refrán dos que quedaron cando falan con algún dos que marchou, para os que marcharon cando lembran o que deixaron, e dos que voltan sempre que poden...
Qué terá esta terriña? para que a meirande parte dos galegos que un día tiberon que coller a maleta en busca dun futuro mellor, volten sempre que poden e retornen a terra que os viu nacer e medrar... Ten cor, ten unha fala diferente, un sentir que só sabes o que é, se eres Galego, se eres de Grou...
En Grou se non é dunha maneira é doutra pero diversión non falta, senón preguntádello os asiduos da piscina do Bariván...¡hai que ver como o pasaron o domingo pola tarde¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario