22 nov 2010

Santa Catalina 2010

Aunque eramos poucos fixemos boa festa e demos conta do que nos prepararan para comer, coma sempre de luxo.

Había unha Sta. Catalina de Alejandría, non sei exactamente cal é a que temos nós, porque haber haiche un feixe delas, esta é a que mais me chistou pola época na que viviu, foi no tempo no que os cristiáns e paganos andaban a tortas alá por Alejandría.

As malas linguas inclusive a propia Igrexa cuestionaron a sua existencia, pois dician que fora unha invención para contrarestar a gran importancia adquirida naquela época por unha gran filósofa pagana Hipatia de Alejandria, e se algún viu a derradeira película de Amenábar ÁGORA xa sabe de quen falo.
Aqui vos deixo estas fotos que como sempre a Marta non se esquece de mandarnos.





Ata outra¡¡¡
'POR SANTA CATALINA PREVENTE DE LEÑA Y HARINA'
'POR SANTA CATALINA, NIEVE EN LA COCINA'

4 nov 2010

Varias Outono


A famosa cova dos fuxidos


O ano pasado saiu en helicoptero, este ano coronou...

Un fungo con forma de esponxa, calquera o mete a boca..¡


Mnnnnnn...os nosos cogordiños¡



E as raíñas...as castañas¡

10 oct 2010

ANDAINA PENEDA 2010

Un ano mais os nosos veciños animáronse a facer a Andaina a Peneda dende Entrimo (algúns do ano pasado pincharon e engadíronse caras novas),espero que sigan coas mesmas ganas e regalándonos estas imaxes que fan posible que os que non estibemos no lo imaxinemos¡¡¡ polo menos¡¡¡
Mais no album público.








Fotos da Santa Marta 2010

Un ano mais amosámosvos as imaxes da festa na Vixa de Abaixo, a Santa Marta, e polo que se pode ver non o pasaron nada mal.
Grazas Rocío polas fotos.

Mais imaxes da Santa Marta no albúm público.



28 ago 2010

II ANDAINA GROU-ANAMÁN


Un ano mais realizouse esta fermosa Andaina por terras Galego-Portuguesas, a cal non sería posible sen o esforzo de todos aqueles que dalgún xeito colaboran , queremoslle agradecer dende aquí en primeiro lugar a Marta, pola organización, Mónica pola confección dos carteis e os dípticos,Deive pola edición, Luis Carla e Lolo co avituallamento, que tanto axuda os participantes e Óscar, Emilia e Manolita do Bar Stop, por suposto, polo que se esmeran coa comida.



¡¡¡¡Ata o ano que ven¡¡¡¡




Mais fotos en Veran 2010

25 ago 2010

I Xuntanza REQUEIXO 2010


E finalmente en Requeixo fixeron unha grande cea, na que non faltou o lacón, as empanadas, o bo viño e unha queimada inmellorable.
Enhoraboa os organizadores e que esta sexa a primeira de moitas Xuntanzas, ¡Ah o próximo ano que non falle NINGUÉN¡.


















Mais no albúm público.

28 jul 2010

Santa Ana 2010...e o lume.

Seica foi unha bomba, o caso e que en vez de fotos da Santiña, dos veciños e da festa o Luis da Rasela mandou estas instantáneas do momento, ata se persoou o exército, se se fala que sexa por algo,¿ ou non?
Con todo¿ haberá algunha fotiño por ahí antes do lume?








Mais no albúm público

25 may 2010

I Andaina 'San Benito'



Polo que todos dixeron foi un éxito, ahí vos deixo as fotos que sacou a Marta, perdoade por non poñelas antes, xa se sabe o internet as veces fai cousas extrañas. Espero que vos gusten...¡o ano que ven non penso fallar, así caian chuzos de punta¡








Mais no albúm público.

28 abr 2010

Perfil e plano da Andaina




Como sabedes están en marcha os preparos para a Andaina do sábado, informarvos que de momento o tramo de Pacín ó pozo fundido queda suspendido porque o terreo está intransitable e pode resultar perigoso, tratarase de buscar un camiño alternativo para suplir ese tramo.


Menú (preparaivos): Empanada, tortilla, lacón asado,
paella mariñeira, bicas , viño (cortesía Barivan), café e licores...
¡¡¡Non vola perdades¡¡¡


12 abr 2010

Procesión do San Benito 2010

Un ano mais e cumprindo a tradición, os fieis o San Benito non faltamos, o tempo acompañou e a ración de pulpo o chegar a capela é irrenunciable, facía tempo que non estaba un tempo tan bo.
Non nos esquecemos daqueles que por circunstancias da vida non puideron asistir.

E como din por ahí, UNHA IMAXE VALE MAIS QUE MIL PALABRAS.
Mais no albúm público, enlace no lateral.
Espero que vos guste, fago coa mellor intención.

8 abr 2010

Mais Entroido, faltaban estos...¡









Mais fotos no albúm público, ver enlace no lateral.






21 feb 2010

Entroidos en Grou



Non hai moito que comentar do entroido en Grou, case sempre os mesmos, botanlle un pouco de imaxinación e pasean polo pobo coa sua 'carroza' animando a pesares do frío, para iso son novos e quecen deseguida.

A vos que vos parece...algúns están favorecidisimos disfrazados de mulleres ...non sei, non sei ja,ja, é broma.









¡¡¡Que esta festa non se perda¡¡¡
¡¡¡¡Marta, Rocío..mandai as fotos que teñades porfa¡¡¡¡

26 ene 2010

Generosa ¡enhoraboa polos 100 anos¡


O 16 de Xaneiro en Silvares houbo unha celebración moi especial, a Sra. Generosa cumpriu 100 anos, non hai mais que ver as imaxes para comprobar que os leva de maravilla, ¡cantos desexaríamos estar así de ben con bastantes menos¡

Naceu o 15 de Xaneiro de 1910, filla de Constantino e Benita, tivo dous irmáns, Carmen e Pepe.

Casou con David e tiveron unha única filla, Marina, que lle deu duas netas, Cristina e Rocío, e un fillo Juan, que a quere como se fose sua nai.
Actualmente reside en Vigo coa sua filla pero ata fai ben pouco vivía en Silvares onde estivo durante toda a sua vida.



É unha grande xogadora de cartas, pasa horas xogando a brisca e polo que din ¡ten moi mal perder¡.

Protagonizou unha anécdota moi graciosa o día do seu cumpreanos cando o cura na misa lle dixo que ben se vía que debía rezar moito para estar tan ben e tan sana, e ela contestoulle:-¡Ai pois mire rezar non lle rezo moito non, xógolle a brisca pero rezar nada...¡ ¡e todolos días unha copiña de licor café non o perdoo¡-




Ó cumpreanos asistimos familia, veciños e amigos, foi un cumpreanos moi emotivo e dende logo que non esqueceremos os que alí estivemos.


¡MOITAS FELICIDADES E A POLOS 110¡

O SEGREDO VAI A SER: TRABALLAR MOITO, COMER O XUSTO, EXERCITAR A CABEZA E......¡A COPIÑA DE LICOR CAFÉ POLA MAÑÁ PARA LEVANTAR O ÁNIMO¡.
Mais fotos no enlace que vos poño no apartado 'Algún dos nosos veciños'