3 feb 2009


A Rasela, actualmente debe ser o pobo mais pequeno e menos poboado de Grou, pero non por eso menos importante, a diario viven o Sr. Manolo e a Sr. Carmen, acompañados polo Mus e o Tom mais a vaca que é a que os mantén ocupados boa parte do día, esta campa as anchas por toda a Rasela e como di o Manolo:- ¡Esto todo e coma se fose meu e anda por onde quere¡.-
Algúns fins de semana o seu veciño José Luís achegase ó pobo, a disfrutar da sua casa e o Guardia, como eles din, vese pouco.
Polo que recorda Carmen o último cativo que naceu na Rasela debeu ser a Mari Carmen da Mari Pepa, fará uns 60 e pico anos...xa choveu¡ e mais tarde Manuel e Rosa instaláranse na casa do capitán e alí tiberon os seus fillos, Domingos (o legionario) Estrella,Manuel,Alberto,Jose Luis e Rafael (información facilitada por José Luis)
A Rasela esconde unha historia interesante sobre os seus antigos moradores, a pena e que non hai moitos datos sobre a mesma e a memoria dos que quedan non alcanza mais do que lembran de nenos ,trátase dos 'Marqueses do Pombal', pertencían a que chaman a casa do capitán, actualmente en ruínas, ainda estando non chan as mesmas ruinas mostran que foi unha casa de categoría, posee robustas paredes de pedra cun fermoso forno no campiño ó pé da casa.
Fai un par de anos roubaron o escudo labrado en pedra, que por mor do estado no que se atopaban as paredes caeu ó chan e facilitoulle as cousas os amigos do alleo. Conta Carmen que era o escudo dos 'Marqueses do Pombal', estos teñen a sua orixe en Portugal, no Porto, eran moi ricos e daquelas eran donos de todalas terras dende a Rasela ata o río, co paso dos anos foron vendendo o patrimonio e dispersando nos diferentes herdeiros, actualmente conservan a casa e pouco mais.
Carmen quixera ter alguén mais con quen falar a diario...pero esta é a realidade de moitos galegos do rural, os pobos van quedando valeiros , e cada vez mais....




O Sr. Manolo e o Tom coa vaca.



¡¡¡Moita saúde ós dous¡¡¡¡¡
Mais fotos no albúm púbilico de Grou

VECIÑOS DA RASELA, HAI QUE RECLAMAR Ó CONCELLO ÚNS SINAIS DE COMEZO DO POBO...SE NON DISE E PAGAMOLO TODOS EH¡