20 ene 2009

Fagamos algo pola Igrexa de Grou, patrimonio do pobo.

Antes de ningunha cousa quero comunicarvos que esta protesta pública non ten ningún tipo de cor política, soamente pretendo con ela tentar sentar as bases para un proceso que considero alguén ten comezar algún día, romper o xeo do que ata agora supuxo un tema tabú. Reclamar a igrexa as suas obligacións coas propiedades que ó longo dos anos expoliou ó pobo, ben sexa con donativos ‘voluntarios’ ou ‘obrigadamente voluntarios’.
Esta fin de semana asistin con tristeza a imaxe ruinosa que presenta a igrexa parroquial do noso pobo, ó longo da mesma encóntranse ate 8 cestos para recoller a auga que cae a regos do tellado,estos son insuficientes debido a que onde chove non o fai nun punto determinado senón que a auga escorrenta polas paredes e polas traves caíndo non só nos cestos, senón no altar, no chan e nos retablos, causando un dano inmenso nas figuras esculpidas na madeira, está danando irreversiblemente as tallas, as columnas que as sostentan están rachando, caeselles a pintura e a base do altar maior está podrecendo, non sería nada extraño que o día menos pensado caia todo o chan, entón xa non haberá nada que facer, e só nos quedarán as lamentacións.
Causame un profundo disgusto vela nesta situación e non pola connotación religiosa da mesma, nin creo nin practico, pero considero que é unha obra de arte patrimonio do pobo, esto baixo o meu punto de vista é así , foi o pobo quen ó longo dos séculos cos seus donativos e o esforzo persoal levou a cabo a execución desta obra de arte realizada no 1729.
Dende fai un par de anos estase traballando na consecución dunha subvención para arranxar o tellado, dende o primeiro momento o Obispado non puxo mais que pegas, vetando o proxecto dos técnicos da Xunta por unha serie de discrepancias na execución das obras; Pois ben, a Xunta tragou e aceptou o proxecto que propuña a Igrexa, o proceso seguiu adiante, concedéronse 30.000 euros ampliables a 60.000 , a Xunta como é lóxico, xa que xoga co diñeiro de todos, contratou unha empresa para a execución da Obra, Mascareñas e Hijos, no momento que o Obispado tibo coñecemento da mesma empezou o triste periplo desta historia; A Igrexa quere que a Xunta lles de o diñeiro a eles para eles contratar e executar as obras (se de paso poden meter o peto mellor), de xeito que : hai diñeiro, hai empresa pero o cura ten orde do Obispo de non deixar entrar a empresa arranxar o tellado, as últimas noticias que hai e que se a Xunta non cede e lle da o diñeiro para eles o xestionar a Igrexa coa axuda dos feligreses arranxará o tellado cando consideren, desprezando a subvención.
Acusan o delegado de cultura de prepotente e de saltar o protocolo esixido polas suas santidades, deste xeito mostran o seu malestar pola política antirrelixiosa que según eles leva a cabo o noso goberno.
O que está claro e que hai que facer algo xa, estos curas solo buscan o beneficio económico, teñen os cartos da herdade que se vendeu en Grou e non invertiron un duro na Parroquia, a rectoral caída, o clube en ruínas , calquera día ocorrerá unha desgraza. Non esquezades que o pobo tibo que mercar unha herdade para o centro de día porque os curas negáronse a ceder os terreos do Adro, según eles tiñan un valor incalculable, o que si propuxeron era cedelos por 30 anos, é decir, o de sempre, que os cartos de todos arranxen o que é deles só, de paso se a larga gañan algo mellor.

Eu poño a disposición desta causa o meu tempo libre para acadar un fin ben determinado: ESIXIR A IGREXA QUE INVIRTA O DIÑEIRO QUE LEVOU DE GROU NO ENTORNO DA IGREXA, DEPURAR RESPONSABILIDADES NO DETERIORO DUNHA OBRA DE ARTE , POR OBSTACULIZAR A EXECUCIÓN DAS OBRAS QUE RALENTIZARÍAN O DETERIORO DAS TALLAS E ESTRUCTURA ORNAMENTAL DO ALTAR , MENTRES NON SE POIDAN RESTAURAR; ASÍ MESMO ESIXIR QUE SE ELES NON SON CAPACES DE COIDAR O QUE O POBO LLES CEDEU OU ELES SE ADXUDICARON, QUE O DEVOLVAN OS SEUS DONOS QUE XA NOS FAREMOS NÓS CARGO.
Apoiome nunha información que obtiven, anque sexa paseniñamente pódense facer grandes cousas, o artigo 2345 contén unha regulación específica inherente os bens da igrexa, na que se contempla a posibilidade en materia de enaxenación, esta norma dispón que os templos, casas sagradas e relixiosas corresponden en moitos casos as parroquias e están suxeitas o art: 33 e 41.
Na actualidade debatese na Comisión Europea o trato a favor dado no seu día, e aínda nestos momentos, á Igrexa Católica e os seus activos inmobiliarios, ese é o medo actual da Igrexa, a Igrexa deberá devolver os seus parroquianos o que é deles e otrogarlles a titularidade de infinidade de bens mobles e inmobles, o grave de todo isto, e que moitos deles xa os vendeu para xerar tesourería, como é o caso da herdade, que deu nada menos que 6 millóns das antigas pesetas…..onde foron parar?

Isto vai en serio, solo preciso a voso apoio, xa falaremos.


Para ver as fotos tomadas esta fin de semana na igrexa ide a barra lateral en fotos varias, alí estará o albúm público.

Calquer suxerencia xa sabedes onde encontrarme.