21 jul 2008

Imaxes da Banda de Grou










Ano 1927.












Banda alá polos anos 30 .














Mais recente, anos 70-80.



20 jul 2008

Banda de Grou (1870-1977).

A Banda de Música
No ano 1870 púxose en marcha a Banda de Música de Grou, impulsada polo sacerdote Eduardo Biempica, cura de Grou e mais tarde de San Xés. Despois del permaneceu durante 45 anos ó frente da mesma Manuel, o 'Gaspar'. Outros directores tamén foron Renato Rodríguez Álvarez, 'o Calciñas' de Ribadavia, Amaro, 'o Portugués' (serrador) e o último foi Benito Martínez Durán.
As persoas mais lonxevas do lugar lembran como a música era unha fonte de ingresos vital , na que o diñeiro inmediato era unha gran axuda para a economía das familias ,nunha época onde saír adiante tornabase realmente dificil...moi dificil.
Naquela época as Bandas de música eran as que levaban a diversión a todolos recunchos, eran o espirito da festa alí onde os reclamaban, case sempre para honrar ó patrón do lugar, desplazábanse en autobús e según contan algúns familiares, os músicos levantaban pasións alá onde ían, e lonxe da casa ningún era casado....
A Banda ensaiaba nunha casiña vella que había en Silvares, onda o forno, mais adiante pasaron a outra no Outeiral para rematar os ensaios na escola local.
No ano 1970 a Banda de Música de Grou celebra o seu centenario, desgraciadamente xa ían quedando moi poucos e sen esperanza de reposición, entre os que foron finando e os que tiberon que emigrar tan só quedaban oito, destos marcharon varios a Garda Civil, e a Banda sentiuse tan débil que no 1977 a única media dúcia de músicos superviventes, xuntáronse cos de Lobios e o Baño, engrosando a Banda de Lobios, existente dende o ano 1902.
Entre os moitos homes que militaron na Banda, cabe destacar os seguintes, todos eles pertencentes a última plantilla:
Flauta: Renato
Requinto: Arturo o Maricas/ Antonio Estévez/ Xulio de Eloy
Clarinete: Camilo/ o Veras/ Agustín o Capador/ José Fernández 'Gaspar'/Renato/ Pepe de Amparo/ o Rasela/ Chicho/ Pena/ Segundo/ Luís Baralló/ o Carrillo.
Fliscorno: Manuel Gaspar (foi director)/ Estévez/ Valoiro/ Claudino Álvarez.
Trompeta: Benito do Vello/o Rambolla/ Xan dos Chaos/ Xulio do taller/ Codesal.
Saxo alto: Alfredo Estévez/ Emilio Palletas/ Bernardino/ Isidro Arte/ Paquiño de Torneiros.
Saxo tenor: Benito López/ Benito da Rasela.
Trombón: Xulio de Benigna.
Bombardino: Claudio/ Peñeiro/ Xan Benito.
Baixos: Habanero/Benito Domínguez/ Elixio Álvarez/ Xosé do Vello/Manolo da Pepa.
Bombo: O Rúa/ Cándido da Silva.
Platillos: Elías López/ Claudiano Vázquez.
Caja: Hermesindo/ Carlos Aparicio/ Pepe da Rasela.

''O maricas era tan célebre, que xa ten ido ás festas con só a metá do instrumento, deixando a outra metá na casa...Non sei se era porque empinaba o codo ..e claro''.

Chegaron a ser 34 músicos, e nun ano en que foron a Pantón-Lugo, estaban no concerto e un home descoñecido adicábase a ir preguntando polo público:
¿E de onde é esa banda?¡Carallo qué ben toca¡ (Este era o Represas, que sin ser músico, fora de axudante do chófer) e o final da entrevista realizada para a elaboración deste libro, aportou:

¡¡''Grou,Grou quen te viu e te deixou ó revés andou''¡¡


Información sobre a Banda collida do libro :Bandas de Música de Galicia (Enrique Iglesias Alvarellos), cedido pola filla dun gran músico desta Banda, Alfredo Estévez, Sr Alfredo, músico e Sastre
¡Cantas historias tiña este home para contar¡

Fotos da pulpada do San Bieito.













DIVERSIÓN




Os feirantes: O día 12 de Xulio, coincidindo co San Bieito, unhos cantos rapaces e rapazas de Grou organizaron unha pulpada ( mini pulpada ) xa que algúns non se enteraron e outros estaban ca familia e non asisitiron, os mais involucrados no tema deixan o que sexa, pero non fallan...
Comezaron fai un par de anos por mor do mal tempo que acompañaba ese día, o habitual sempre foi ir de merenda ó monte coa familia, pasar o día en San Benito , facer churrasco, levar as empanadas, as tortillas, estender as mantas no chan cando non había mesas libres...a sombra para votar unha boa siesta...pero nos último anos o mal tempo impedíuno e decidiron pasar o día xuntos doutra maneira, facendo unha pulpada no Adro, ó cobixo da escola, mercar unhas empanadas , bebida e ¡¡ a pasalo ben¡¡
Non pensedes que fan calquera trapallada, non, o polbo (pulpo) cócese nunha pota das de verdade, unha pota que durante moitos anos se empregou todolos 19 de cada mes nunha feira, a de Cabaleiros, feira grande nos seus tempos e que deixou de celebrarse fará por esta época úns 14 anos mais ou menos, asi que ¡ten historia¡, estos non escatiman en detalles e qué mellor sabor que o do pulpo arreglado nun plato de madeira ¡dos do pulpo¡ ¡Estos de parvos non che ten un pelo eh¡ Play Statión, Coca cola internet...si , última tecnoloxía...¡¡pero o polbo como ten que ser..¡¡

O ano que ven mais fotos, pero haber se o podemos facer no monte ¡¡e con moita mais asistencia¡