9 nov 2011

E tamén se respiga...


A Palmira vaia como disfruta...¡






E ainda che eran ben boas cha¡


Gracias Marta¡¡¡

20 sept 2011

E AQUÍ TAMÉN SE COCE...









¿A quen non se lle fai a boca auga ver estas fotos?

17 sept 2011

III ANDAINA GROU-ANAMÁN













Un ano mais a Marta organizounos esta inesquecible Andaina que ano tras ano se supera.


¡¡Agardamos o ano que ven para poder repetila de novo¡¡


GRAZAS A MARTA, LUIS, LUIS R. LOLO, EMILIA...TODOS AQUELES QUE FAN POSIBLE ESTE GRAN DÍA.

4 sept 2011

II Gran Xuntanza de Requeixo



Non hai moito que dicir (pero si que aprender) pois os que asistimos poidemos dar conta da inmellorable organización . O mais emocionante da noite, sen dúbida, o acordeon soando no Eiró...o ano que ben mais e mellor...











Mais no albúm público.

FESSSSSTAAAAAA

Agora que o mal tempo volveu, que a morriña polas festas e o bo tempo nos embarga (este ano calor pouco...)voltamos a vista atrás cos recordos que nos traen as festas.



A carreira de burros camiñando non a vexo..jaja

Estos pagarannos a pensión e farannnos as festas¡¡¡...se queren.



Gañan os de sempre¡¡¡
Mais no albúm público, pestaña lateral. Se alguén ten fotso e quere mandalas, xa sabe.

31 jul 2011

3ª ANDAINA 'A RUTA DO CONTRABANDO' (GROU-ANAMÁN)








ANIMÁDEVOS¡¡¡¡


PASAREMOLO MOI BEN¡¡¡



Graciñas Marta...



5 jul 2011

As cereixas da Rasela...




Nunha tarde que chamou a Sra. Carmen da Rasela, baixaron os de Silvares equipados con caldeiros a gran recolecta, a recolecta da cereixa...e seica estaban mellor cas do Valle de Jerte¡

E mirade as bisavoas subidas na escaleira¡¡¡

Graciñas Luis¡¡

Mais no albúm...

5 may 2011

ANDAINA SAN BENITO 2011

A Marta vamos a nombrala organizadora oficial...meréceo¡ E o San Benito por facer de intermediario co home do tempo...TAMÉN¡¡¡ jeje




MAIS NO ENLACE DA DEREITA. ALBÚM PÚBLICO SEMPRE GROU

GRACIÑAS MARTA¡¡¡

1 may 2011

San Benito 2011

Un ano mais os de sempre non fallamos...





San Benitiño querido

todos che vimos pregar,

que cure-las nosas doenzas

e nos fagas bos cristiáns.


Teño que ir o San Benito

a cumprir unha obriga,

porme diante da ermida

a rezarlle unha miga.

San Benito queridiño

como che podemos pagar

tódolos teus favores,

que nós xa temos alá.

O San Benito de Grou

na cima do monte está,

olla para os seus paisanos

e céibaos de todos mal.

23 mar 2011

Carnaval 2011

Algúns non perden o espiritu carnavaleiro¡¡¡ VIVA O CARNAVAL¡









GRACIAS MARTA, O QUE TEÑA FOTOS XA SABE...

13 mar 2011

COPLAS ENTROIDO 2011

Boas tardes a todos
vémonos un ano mais
polas datas do antroido
con coplas e algo mais.

As festas van a Marzo
cousa que eu nunca vin
eche mais alto que nunca
que gran festa para min.

Vas a 9 de Marzo
mais alto nunca vin
tiñas que caiber en Febreiro
según os velliños din.

Porque el é algo tolo
pásalle como a xente
afróxanlle os tornillos
¿tamén perderá o aceite?

Carnaval, Carnavaleiro
nós eiqui imoste ter
vai acabando o inverno
vai parando de chover.


Este ano veu boa nevada
e gastouse moita leña,
bicas e empanada,
para curar a chourizada.

A xentiña tremía do frio
coa gran capa que caiu
de neve e choiva
nunca se viu.

Silvares non sei no que dará
son todo silveiras
senon limpamos as beiras
dormen connosco na cama.

Con este cambio de política
temos que todos aportar
e arreglar o forno de Silvares
que é a vergonza do lugar.

Catro gatiños somos
a meirande deles son vellos
so quedamos o pipiolos
cargando cos aparellos

Da moita pena mirar
que paso alí día a día
e vexo como se perde
o patrimonio do lugar.


Menos mal que polas portas
pasan coches a cotío
cargados con empanadas,
pan de trigo e pan de millo.

No pasado mes de Decembro
quen quixo ir de vacacións,
como non fose a pé ou en burro,
xa non iba en avión.

Unhas das pontes mais longas
que se fai na nosa nación
dende o 6 ao 8 de Decembro
ponte da Constitución.

Plantexaron a gran folga
nos aeroportos de España
quedou Sevilla en servicio
e en batalla.

O Ministerio de Fomento dicía que era ilegal
tratouno en menos tempo
por todo o mundo a voar.

Os viaxeiros albergados
nos aeroporto, en hoteis
iban ao extranxeiro
para nadal e reis.

Pobre de Ruíz Mateos
o empresario nacional
o Ministerio da Facenda
quería acabar de pelar.

Emplea calquera truco
non solo o de hacerico
buscandolle a maneira
de poder facerse rico.

Coa Lei da NovaRumasa
entran no tema en cuestión
O conto da fábrica de Clesa
co leite de Queixón.

Chocolates Trapa
xa se encheron de rillar
Libras e mais libras
tamén din que vai pechar.

Tamén o Rayo
pertence o empresario
da orden de dar en quiebra
van meter goles ¡no carallo¡

Como quera que esto fose
vamos agora falar
de cousas que dan risa
¡picas do carnaval¡

O teito da nosa igrexa
dunha vez rematado
agora haber se a Consellería
nos bota a man cos retablos.

Cando é cousa de saiotes
hai que deixarse andar
eles son os que mandan
dentro e fora do altar.

A igrexa somola todos
cada un no seu lugar
aportar o noso grao de area
para podela levantar.

Devemos leer os papeis
e ler a letra pequena
os que somos algo gafes
que non estiamos con pena.

Hai quen pensa que nas casas
o touciño é de ovella,
¡é de porco mal curado
cun rancio que esmendrella¡

O Marcial e a Emilia
en Grou eles están
con moito gando vacuno
e algún de cavalar.

O pequeno pony
cunha grande crine a vista
título de postineiro
era un gran futbolista.

Formou un número
saiuse fora do campo
e botárono deiqui.


Contemplalo solo, basta
sin lle tocar para nada
con xente descoñecida
el era o rei da patada.

As forzas de orden público
que hai nos nosos concellos
deberían vixiar a modo
a xentiña que hai nos pobos.

Xente rara vemos
de paises ben extraños
intentan entrar de ocupas
nas casiñas que hai nos pobos.

Que están catro velliños
vivindo do seu retiro?
que se atopan con ocupas
e andan todos a tiros.

Ou ben co timo da estampiña
para poder engaiolar
ollar para o que hai nas casas
e de noite ire a roubar.

Hay mais de trinta anos
que viña a guardia civil
a pé vixiando os pueblos
e de noite co candil

E o conto da Lupita
unha porca dunha granxa
que liberou os compañeiros
pídenlle que volva a casa.

Non se sabe se a Lupita
era pro San Martiño
facer con ela chourizos
o xamón e touciño.

Abandoou o cortello
o pienso e mais a fariña
volve a casa Lupita
¡volve a casiña¡

A lupita escapouse
porque a iban sacrificar
atopouna Pepo Suevos
no programa do Luar.

Pasado comeza a cuaresma
despídese D. Carnal
trocar carne por pescado
e tamén un bon manxar.

É un boneco de palla
feito de calquera xeito
algo parecido a nos
cando andamos de selleiro.

É un boneco de palla
que non tarda en arder
se o deixaramos todo ano
é moi malo de manter.

Adeus carnavales festeiros
das festas que eu recordei
morren todas a feito
aquí non queda ninguén.

Enterramos a sardiña
fretida ou en empanada
choramos a sua morte
coméndolle unha tallada.

Co enterro da sardiña
e a morte do loro Robachol
despedimos o antroido
e cambiamos de farol.

Qué festan tan grandes
se facían neste día
sacando farrapos vellos
lucidos nas romarias.

Esta parroquia está ben durmida
¡¡Arriba que desperte o Antroido¡¡
¡¡ A poñelo no camiño¡¡

Adeus ou deica pro ano
os que estamos por eiqui
rimos algo con estas coplas
por ter algo que dicir.

Despídome deste xeito
con este pregón escrito
este ano foi de pescado
por non morrer ningun marrau.

Escritas por Obdulia Álvarez (Silvares de Grou)