19 mar 2009

Sra Concisa, 106 anos de historia.


A Sra. Concisa de Requeixo ata o que se coñece, foi a nosa veciña mais lonxeva , 106 anos de historia que na medida do posible coa axuda da sua filla ‘Maruja’ queremos deixar plasmado neste espazo.
Naceu o 10 de Maio de 1899, o seu pai era de Cabaleiros e a sua nai do Casaldosouto, está última era sobriña da Marquesa da Rioja, viña de casa rica e xa naquela época sabía ler e escribir con toda soltura. Concisa tivo duas irmáns, Elisa e Otilia as que separaba unha diferencia de idade de 9 e 12 anos respectivamente, aprenderon a ler e a escribir cunha tía maestra, a avoa do ‘Pepe de Amparo’ e aínda nos seus últimos anos de vida lembraba perfectamente a táboa de multiplicar.
No 1917 o pai viaxou para Cuba na busca dunha vida mellor, Concisa quedou o fronte da casa pois era a filla mais vella e a sua nai nunca traballara, ‘ non fora afeita’ xa que viña de casa rica, por desgraza nunca poideron contar coa axuda do exterior pois pouco tempo despois de atoparse en Cuba, o pai de Concisa enfermou de Paludismo e faleceu, os veciños roubáronlle todo e nunca mais souperon nada daquelas terras.
Concisa era a que tiraba da casa, boa irmá, boa filla, e sobretodo boa nai, os 24 anos tivo a sua única filla ‘Maruja’ nacida da relación que mantivo durante un tempo co ‘Manuel do Croscoño’, pero este marchou para Arxentina e non quixo saber nada mais nin da nai nin da filla, de feito cando voltou daquelas terras tampouco mantiberon ningún tipo de relación, nen sequera cordial. Tibo moitos pretendentes, pois era boa moza, pero nunca quixo saber de ningún, unha vez nun mortorio un militar de alto rango fixarase nela e o home extrañábase que ela non lle fixera caso, preguntou por ela e contáronlle que tiña unha filla, por iso non miraba para él, este lexos de verlle defecto exclamou en voz alta:- ¡Iso non é falta¡-, mandou recado para concertar cita con ela pero a Concisa non lle interesaba, tiña moito en qué pensar...¡
Ela co seu esforzo constancia e forza de vontade sacou adiante a su filla e a sua familia, foi parteira (a preferida do médico), unha gran cociñeira, nas bodas, bautizos e mortorios era moi solicitada, sobre todo na casa do tio cura da Illa, e unha gran costureira, como nos relata Maruja para as amistades cosía e a cambio axudábanlle nas tareas propias do campo daqueles anos.
Sembraba o liño e fiabao, tecíao, facía todo o referente a artesanía, o traballo do campo da casa, facía de home e de muller, cando ía o monte baixaba co carro tan cargado coma o dos homes, a sua filla sempre a trouxo coma unha señorita o mesmo que as irmáns e a nai , Concisa contáballe a filla que o Abogado de Requeixo dicía: ¡-As fillas de Emilia parecen señoritas¡ - e ela mesma dicía que antes de que a filla rozara unha presa de estrume ela rozaríao cos dentes.
Pasou toda a sua vida coa filla e mais tarde co matrimonio, ó xenro ‘López’ queríao coma un fillo, non deixou nunca de facer as suaa labores na casa, a limpeza, a comida…na medida que lle permitían os anos, tiña unha lucidez envidiable, non era de moito comer e case nunca enfermou.
Cumplidos os 106 anos fracturou a cadeira, como lle dixeron os médicos, cos anos non se pode loitar e o 3 de Decembro de 2005 finou, deixou tras de si 106 anos que darían para escreber un libro, lástima que non esté para contalo ela mesma.
Grazas Maruja.

Fotos, recortes periodísticos e algún escrito, así como un texto escrito por ela no álbum público.