22 may 2009

Unha pequena homenaxe para ti.

Teño que recoñecer que no tempo que levo escribindo no Blog , nunca antes me custara tanto facelo como agora, esta idea lévoa xestando dende o momento que se creou isto, despois de darlle moitas voltas e falalo con mais xente animámonos a rendirlle unha homenaxe a este gran rapaz que por desgraza un día deixou de formar parte das nosas vidas, marcando un antes e un despois na vida dos seus e do noso Grou, moita da xente nova viamos nel un referente,un nexo de unión entre os xóvenes, contaxiábanos a sua risa, as gañas de festa,era boa persoa, bo rapaz, bo amigo , bo fillo...todos o sabedes.



É curioso que do meu primeiro día de escola o único recordo que gardo e que me sentaron ó lado dun neno que tiña unhas zapatillas moi chulas, pero non paraba de chorar porque a sua nai lle puxera un velcro para que non se lle soltaran os cordóns, él non o quería, eu debinlle decir algo como que eran moi bonitas (xa me gustarían para min),pero nada, tiña un berrinche o neno... ese era o Jaimiño, co que pasei á miña infancia e parte da adolescencia, ata que na vida tomamos camiños diferentes ,igual que a meirande parte dos que ledes isto.
Nunca esquecerei os recreos no adro correndo polos diestros detrás do Estebán para atizarlle ( por separado non facíamos nada que nos sacaba duas cabezas), as tardes de fútbol na feira o volver de Lobeira , as partidas de futbolín no Mañoy, os atracóns de gominolas no mostrador da Marisá (comias 5 e contabas 1, estaba ben) algunha merenda de Domingo no río ou no garaxe da Marisá, mais tarde cando nos veu a idade do pavo vivimos con recelo os seus enamoramentos, logo veu o Rompedor, o inesquecible Rompedor...as festas, os baños na piscina as tantas, ¡tantas cousas...¡e él foi o que creou o lema Sempre Grou, do mesmo xeito ca min, moitos teredes recordos con él que en ocasións volven o noso pensamento e nos xogan unha mala pasada.


Esta é unha pequena homenaxe neste mes no que é o teu cumpreanos, pasen os anos que pasen moitos non te esqueceremos.
Grazas a Mari Luz e Maxito por todo o material que cederon con gusto para polo a disposición de quen o queira disfrutar.





Mais fotos no albúm público.