Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, a comisión de veciños organizadora das festas patronais de Grou, invirte o diñeiro sobrante froito da aportación de todos, nunha merenda para todo aquel que desexe asistir, e se dan os cartos como nesta ocasión, traese unha charanga para animar o evento, ¡¡agardamos que se convirta nunha tradición ano tras ano¡¡ ...pois será unha maneira mais de compartir cos veciños unha tarde agradable e inesquecíbel.Grazas Rocío por estas fotos, se alguén ten fotos dese día que no las faga chegar e disfrutaremolas tod@s. grousempre@gmail.com
Para ver o albúm completo pincha no calendario das festas.
Disculpade o retraso a hora de publicar estas fotos, son poucas e esperamos vos agraden.