26 ene 2010

Generosa ¡enhoraboa polos 100 anos¡


O 16 de Xaneiro en Silvares houbo unha celebración moi especial, a Sra. Generosa cumpriu 100 anos, non hai mais que ver as imaxes para comprobar que os leva de maravilla, ¡cantos desexaríamos estar así de ben con bastantes menos¡

Naceu o 15 de Xaneiro de 1910, filla de Constantino e Benita, tivo dous irmáns, Carmen e Pepe.

Casou con David e tiveron unha única filla, Marina, que lle deu duas netas, Cristina e Rocío, e un fillo Juan, que a quere como se fose sua nai.
Actualmente reside en Vigo coa sua filla pero ata fai ben pouco vivía en Silvares onde estivo durante toda a sua vida.



É unha grande xogadora de cartas, pasa horas xogando a brisca e polo que din ¡ten moi mal perder¡.

Protagonizou unha anécdota moi graciosa o día do seu cumpreanos cando o cura na misa lle dixo que ben se vía que debía rezar moito para estar tan ben e tan sana, e ela contestoulle:-¡Ai pois mire rezar non lle rezo moito non, xógolle a brisca pero rezar nada...¡ ¡e todolos días unha copiña de licor café non o perdoo¡-




Ó cumpreanos asistimos familia, veciños e amigos, foi un cumpreanos moi emotivo e dende logo que non esqueceremos os que alí estivemos.


¡MOITAS FELICIDADES E A POLOS 110¡

O SEGREDO VAI A SER: TRABALLAR MOITO, COMER O XUSTO, EXERCITAR A CABEZA E......¡A COPIÑA DE LICOR CAFÉ POLA MAÑÁ PARA LEVANTAR O ÁNIMO¡.
Mais fotos no enlace que vos poño no apartado 'Algún dos nosos veciños'