26 feb 2009

O Entroido

Como todos vos sabedes, en Grou sempre houbo unha grande tradición no entroido, as coplas recitábanse no adro, unhas veces unha soa persoa e outras había o pique entre os de arriba e os de abaixo, nunhas ocasións tocaba rirse dos demais e noutras dun mesmo.
Nos últimos anos como ocorre na meirande parte da nosa xeografía rural ,estas tradicións vanse perdendo, pola falta de xente, a falta de motivación ou deixadez, este ano propuxémonos que o ano que ven organizaremos un Entroido en condicións para todo o pobo, a ver se cumprimos¡
O sábado no Camiño novo recitaron as coplas os da Vixa de abaixo, o Domingo houbo quen se animou e improvisou unha carroza para levar os mais cativos pola parroquia adiante, os mozos montaron unha boda xitana en toda regra, non faltou a posta en escena, a carroza e a familia comezando polo patriarca e rematando polo primo de Madri, mais as galiñas e a cabra que non faltaron nunha festa improvisada chea de barullo luces horteras e moito 'Chunguito'.

Richal e Patricia del Rosario, que sexades moi felices¡¡¡
O ano que ven mais e mellor...





Mais imaxes no albúm público.