Ano 1927.
Banda alá polos anos 30 .
Mais recente, anos 70-80.
A Banda de MúsicaNo ano 1870 púxose en marcha a Banda de Música de Grou, impulsada polo sacerdote Eduardo Biempica, cura de Grou e mais tarde de San Xés. Despois del permaneceu durante 45 anos ó frente da mesma Manuel, o 'Gaspar'. Outros directores tamén foron Renato Rodríguez Álvarez, 'o Calciñas' de Ribadavia, Amaro, 'o Portugués' (serrador) e o último foi Benito Martínez Durán.As persoas mais lonxevas do lugar lembran como a música era unha fonte de ingresos vital , na que o diñeiro inmediato era unha gran axuda para a economía das familias ,nunha época onde saír adiante tornabase realmente dificil...moi dificil.Naquela época as Bandas de música eran as que levaban a diversión a todolos recunchos, eran o espirito da festa alí onde os reclamaban, case sempre para honrar ó patrón do lugar, desplazábanse en autobús e según contan algúns familiares, os músicos levantaban pasións alá onde ían, e lonxe da casa ningún era casado....A Banda ensaiaba nunha casiña vella que había en Silvares, onda o forno, mais adiante pasaron a outra no Outeiral para rematar os ensaios na escola local. No ano 1970 a Banda de Música de Grou celebra o seu centenario, desgraciadamente xa ían quedando moi poucos e sen esperanza de reposición, entre os que foron finando e os que tiberon que emigrar tan só quedaban oito, destos marcharon varios a Garda Civil, e a Banda sentiuse tan débil que no 1977 a única media dúcia de músicos superviventes, xuntáronse cos de Lobios e o Baño, engrosando a Banda de Lobios, existente dende o ano 1902.Entre os moitos homes que militaron na Banda, cabe destacar os seguintes, todos eles pertencentes a última plantilla:Flauta: RenatoRequinto: Arturo o Maricas/ Antonio Estévez/ Xulio de EloyClarinete: Camilo/ o Veras/ Agustín o Capador/ José Fernández 'Gaspar'/Renato/ Pepe de Amparo/ o Rasela/ Chicho/ Pena/ Segundo/ Luís Baralló/ o Carrillo.Fliscorno: Manuel Gaspar (foi director)/ Estévez/ Valoiro/ Claudino Álvarez.Trompeta: Benito do Vello/o Rambolla/ Xan dos Chaos/ Xulio do taller/ Codesal.Saxo alto: Alfredo Estévez/ Emilio Palletas/ Bernardino/ Isidro Arte/ Paquiño de Torneiros.Saxo tenor: Benito López/ Benito da Rasela.Trombón: Xulio de Benigna.Bombardino: Claudio/ Peñeiro/ Xan Benito.Baixos: Habanero/Benito Domínguez/ Elixio Álvarez/ Xosé do Vello/Manolo da Pepa.Bombo: O Rúa/ Cándido da Silva.Platillos: Elías López/ Claudiano Vázquez.Caja: Hermesindo/ Carlos Aparicio/ Pepe da Rasela.''O maricas era tan célebre, que xa ten ido ás festas con só a metá do instrumento, deixando a outra metá na casa...Non sei se era porque empinaba o codo ..e claro''.Chegaron a ser 34 músicos, e nun ano en que foron a Pantón-Lugo, estaban no concerto e un home descoñecido adicábase a ir preguntando polo público:¿E de onde é esa banda?¡Carallo qué ben toca¡ (Este era o Represas, que sin ser músico, fora de axudante do chófer) e o final da entrevista realizada para a elaboración deste libro, aportou:¡¡''Grou,Grou quen te viu e te deixou ó revés andou''¡¡Información sobre a Banda collida do libro :Bandas de Música de Galicia (Enrique Iglesias Alvarellos), cedido pola filla dun gran músico desta Banda, Alfredo Estévez, Sr Alfredo, músico e Sastre ¡Cantas historias tiña este home para contar¡