4 jun 2009

¿Algún se recoñece?


Mais imaxes:
Algúns e sinxelo recoñecelos pero outros...estos debían ir de excursión, o Maxito non se lembra de cando foi tomada esta foto e porqué.



Carreira de burros, a bordo Baralló, ¡hai que ver que pose¡



As fotos atópanse no albúm Grou, anos 70, por se alguén as quere baixar.







22 may 2009

Unha pequena homenaxe para ti.

Teño que recoñecer que no tempo que levo escribindo no Blog , nunca antes me custara tanto facelo como agora, esta idea lévoa xestando dende o momento que se creou isto, despois de darlle moitas voltas e falalo con mais xente animámonos a rendirlle unha homenaxe a este gran rapaz que por desgraza un día deixou de formar parte das nosas vidas, marcando un antes e un despois na vida dos seus e do noso Grou, moita da xente nova viamos nel un referente,un nexo de unión entre os xóvenes, contaxiábanos a sua risa, as gañas de festa,era boa persoa, bo rapaz, bo amigo , bo fillo...todos o sabedes.



É curioso que do meu primeiro día de escola o único recordo que gardo e que me sentaron ó lado dun neno que tiña unhas zapatillas moi chulas, pero non paraba de chorar porque a sua nai lle puxera un velcro para que non se lle soltaran os cordóns, él non o quería, eu debinlle decir algo como que eran moi bonitas (xa me gustarían para min),pero nada, tiña un berrinche o neno... ese era o Jaimiño, co que pasei á miña infancia e parte da adolescencia, ata que na vida tomamos camiños diferentes ,igual que a meirande parte dos que ledes isto.
Nunca esquecerei os recreos no adro correndo polos diestros detrás do Estebán para atizarlle ( por separado non facíamos nada que nos sacaba duas cabezas), as tardes de fútbol na feira o volver de Lobeira , as partidas de futbolín no Mañoy, os atracóns de gominolas no mostrador da Marisá (comias 5 e contabas 1, estaba ben) algunha merenda de Domingo no río ou no garaxe da Marisá, mais tarde cando nos veu a idade do pavo vivimos con recelo os seus enamoramentos, logo veu o Rompedor, o inesquecible Rompedor...as festas, os baños na piscina as tantas, ¡tantas cousas...¡e él foi o que creou o lema Sempre Grou, do mesmo xeito ca min, moitos teredes recordos con él que en ocasións volven o noso pensamento e nos xogan unha mala pasada.


Esta é unha pequena homenaxe neste mes no que é o teu cumpreanos, pasen os anos que pasen moitos non te esqueceremos.
Grazas a Mari Luz e Maxito por todo o material que cederon con gusto para polo a disposición de quen o queira disfrutar.





Mais fotos no albúm público.