8 jul 2008

San Bieito, Santo para uns, confidente para outros.

San Bieito...Para uns é o último recurso ó que acudir, un punto de apoio, esperanzados en que producirá o miragre que poña fin ós seus males...para outros un confidente, alguén ou algo ó que falas sen agardar resposta, simplemente vas aló, falas e vaste.
¿Porqué estou aquí?
É o mesmo que moitos nos preguntamos cando nos atopamos fronte ó reixado que nos separa desa imaxe a que en momentos difíciles lle falamos...¿porque estou aquí se non creo en Deus? non vou á misa, non comulgo, quedo fóra da igrexa nas cerebracións...pero nalgúns momentos acudimos alá arriba, onda o Santo, San Bieito...a desafogarnos, falarlle, ollar para él, ollar para a serra, levarlle o coche novo ...é o refuxo no que nos acochamos cada vez que nos sentimos mal, desubicados, atrapados nunha situación que non nos gusta, que nos agobia...e así, e é habitual nalgunha xente de Grou , non é que sexamos diferentes, que creamos e non o recoñezamos, é un lugar no que podes pasar horas e horas ollando para o Xurés e esquecerte de todo, como se non estiberas na vida real.
Nalgúns momentos lembrando tamén os anos da infancia nos que ano tras ano percorríamos o traxecto ata a capela, na procesión, xogando coas pedras, xogando cos compañeiros e amigos da infancia, algúns deles están e outros xa non (inesquecíbeis), pequenas pelexas, o partido do Depor contra o Celta entre os carballos , o tenderete que se montaba...as merendas no campo da Estrella ou arriba onda a capela...os longos paseos polo monte ata ver os cabalos salvaxes, ou mesmo as vacas, tanto tiña o caso era ver algo...pequenas anécdotas en resumo.
É o San Bieito, para debotos e non debotos.

No hay comentarios: