3 feb 2009


A Rasela, actualmente debe ser o pobo mais pequeno e menos poboado de Grou, pero non por eso menos importante, a diario viven o Sr. Manolo e a Sr. Carmen, acompañados polo Mus e o Tom mais a vaca que é a que os mantén ocupados boa parte do día, esta campa as anchas por toda a Rasela e como di o Manolo:- ¡Esto todo e coma se fose meu e anda por onde quere¡.-
Algúns fins de semana o seu veciño José Luís achegase ó pobo, a disfrutar da sua casa e o Guardia, como eles din, vese pouco.
Polo que recorda Carmen o último cativo que naceu na Rasela debeu ser a Mari Carmen da Mari Pepa, fará uns 60 e pico anos...xa choveu¡ e mais tarde Manuel e Rosa instaláranse na casa do capitán e alí tiberon os seus fillos, Domingos (o legionario) Estrella,Manuel,Alberto,Jose Luis e Rafael (información facilitada por José Luis)
A Rasela esconde unha historia interesante sobre os seus antigos moradores, a pena e que non hai moitos datos sobre a mesma e a memoria dos que quedan non alcanza mais do que lembran de nenos ,trátase dos 'Marqueses do Pombal', pertencían a que chaman a casa do capitán, actualmente en ruínas, ainda estando non chan as mesmas ruinas mostran que foi unha casa de categoría, posee robustas paredes de pedra cun fermoso forno no campiño ó pé da casa.
Fai un par de anos roubaron o escudo labrado en pedra, que por mor do estado no que se atopaban as paredes caeu ó chan e facilitoulle as cousas os amigos do alleo. Conta Carmen que era o escudo dos 'Marqueses do Pombal', estos teñen a sua orixe en Portugal, no Porto, eran moi ricos e daquelas eran donos de todalas terras dende a Rasela ata o río, co paso dos anos foron vendendo o patrimonio e dispersando nos diferentes herdeiros, actualmente conservan a casa e pouco mais.
Carmen quixera ter alguén mais con quen falar a diario...pero esta é a realidade de moitos galegos do rural, os pobos van quedando valeiros , e cada vez mais....




O Sr. Manolo e o Tom coa vaca.



¡¡¡Moita saúde ós dous¡¡¡¡¡
Mais fotos no albúm púbilico de Grou

VECIÑOS DA RASELA, HAI QUE RECLAMAR Ó CONCELLO ÚNS SINAIS DE COMEZO DO POBO...SE NON DISE E PAGAMOLO TODOS EH¡

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas grazas por a reportase, teño mais fotos, sobre todo de un que anda con un trator, non e veciño pero anda mais por ali ca mi que son veciño,por certo Maricarmen non foi a ultima que naceu na Rasela,creo que a Luisa da Foz tibo algún fillo ali,pero quenes naceron ali si foron varios fillos da Rosa e o señor Manuel, ejp,Domingos (o legionario) Estrella,Manuel,Alberto,Jose Luis,Rafael;que por certo foror os ultimos moradores da famosa casa do capitan, que era un orgullo dos que pasamos ali de rapazes moitos anos.

Grou, Galiza dijo...

boas...vaia eu fiome da información que me deu a Carmen¡ Pero xa apuntei o que me dis ti, claro, a Carmen referiráse os oriundos da Rasela e non contou cos acoplados.....Pois manda as fotos a dirección que as colgo...graciñas.