17 dic 2009

A Cova dos fuxidos



Na guerra civil algúns dos nosos veciños víronse obrigados a fuxir da sua terra, a maioría tiñan que marchar para o monte e acocharse onde podían ou pasar a Portugal, unhas veces porque non querían ir o frente, e as mais, porque vían ameazada a sua vida polas denuncias de veciños con rencillas anteriores, que nada tiñan que ver coa guerra civil.
Fai un par de meses uns compañeiros decidiron buscar a COVA DOS FUXIDOS, atópase no monte de San Ginés, na FANDIA , está nunha zona de difícil acceso e polo que dixeron os que a viron, dispón dunha ampla visión da zona.
A cova atoparona, pero tamén levaron un bo susto, pois a Marta rompeu unha perna e saeu nada menos que en ¡Helicoptero¡, vamos…UNHA ROTURA DE NIVEL.


A baixada a cova

Marcial dentro da cova


Vaia humor, aínda sorrí coa perna rota¡¡

Ale, ¡de excursión no helicoptero¡
Xa está para outra..

Mais fotos no albúm

1 comentario:

Marta Grou dijo...

Despois de recuperarme da metida de pata na cova dos fuxidos, xa teño en estudio a cova da pía da moura que en breves visitarei para incluila na próxima andaina de esta primavera. Espero non romperme nada esta vez.