Mostrando entradas con la etiqueta Autor da entrada : Manolo do Tolín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autor da entrada : Manolo do Tolín. Mostrar todas las entradas

12 ene 2009

Lendas da nosa terra...e licor café.




Nestas fotos pódese ver ó Zapatillas, Manolo, Selito e María Jesús.
Fotos colgadas por Manolo de Requeixo.




Ó longo da vida sempre hai alguén co que nalgún momento dado compartimos anécdotas e vivencias inesquecíbles, anécdotas que prevalecen no noso recordo e que en momentos de 'morriña' ,veñen a nosa memoria para facernos viaxar no tempo...
esto débelle estar a ocorrer nestos instantes a todos aqueles que por algunha circunstancia tiberon algún trato co famoso 'Zapatillas da Feira Vella', moi querido por unha ampla xeración dos que agora se definen asi mesmos como a 'artillería pesada', un home que identifican como un auténtico "Catedrático" da história da nosa comarca.

E que contar do licor café..¡ Ese tesouro da nosa cultura que en cada familia acocha un sabor, e cal sería o secreto do Zapatillas para calar tan fondo no recordo dos nosos veciños?
De todolos xeitos sabedes que polo menos detrás de cada receita peculiar transmitida e modificada ó longo da historia o que non cambiará nunca será a augardente, da boa, café, de calidade, e unha boa dosis de imaxinación, fará as delicias de todo aquel que se entreteña na sobremesa cun bo chupito de...licor café.


Todo aquel que teña algunha anécdota e coñeza mais información acerca deste home pode enviala e con gusto a poremos no blog.
grousempre@gmail.com


Manolo grazas unha vez mais .



8 oct 2008

Trofeo de fútbol 'San Mamede 1977'





Estos dous equipos xogaron o prestixioso trofeo das festas do San Mamede no ano 1977 , como podedes ver son moitas as caras coñecidas, Lolo,Urbano, Tomás, Juan, Ernesto, Luís, José, José Manuel, Francisco... hoxe vémolos con 30 anos mais porriba das costas ¡¡¡ Algún dirá ó ver estás fotos: ¡Como pasa o tempo¡
Os novos de hoxe tendes que poñer empeño e non deixar decaer estas tradicións.








Xa choveu dende aquela...¡









Festas de San Mamede 1979. O burro do Cauño gañou a carreira, aunque ó final descalificárono os xuices por correr axudándose dunha pértiga.

O Aser xa estaba estudiando medicina. Nótase ben na forma de aplicarlle o REFLEX o burro.